O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou onte que a institución provincial asumirá a construción da residencia de maiores da Fonsagrada. Nos próximos días, asinará un convenio de colaboración co Concello para iniciar os trámites, cun compromiso de investimento de 2,1 millóns de euros.
Besteiro visitou onte A Fonsagrada para ultimar detalles co alcalde, o socialista Argelio Fernández Queipo, sobre a construción da nova casa consistorial, que tamén sufragará a Deputación cun millón de euros.
O presidente provincial aproveitou a visita para realizar este novo anuncio, moi demandado polos veciños da Fonsagrada e polos sucesivos gobernos locais. Besteiro recordou que a Xunta comprometeu a construción da residencia no ano 2009, pero non concretou actuación algunha neste sentido. Por este motivo, considera que «a Deputación Provincial vese na obriga, unha vez máis, de suplir ó Goberno galego nas súas competencias e asumir este proxecto».
Besteiro responde así a unha demanda reiterada do alcalde da Fonsagrada, quen insistiu en que «a residencia de maiores é unha necesidade nun concello onde o 40 por cento dos veciños son maiores de 65 anos».
Convenio
Gómez Besteiro e Fernández Queipo reuniranse nos próximos días para asinar o convenio que faga posible a construción do centro. A Deputación achegará 2,1 millóns de euros e o Concello da Fonsagrada deberá pór un dez por cento a maiores, é dicir, 210.000 euros.
A residencia situarase no edificio da Fundación Rois da Pena, situado na Rúa do Parque. Terá unha superficie de 1.630 metros cadrados e ofertará 24 prazas para residentes internos e outras 54 de centro de día.
O inmoble foi cedido ao Concello pola citada fundación. A súa construción iniciouse ao redor do ano 2000, sufragada co legado do médico Manuel Rois da Pena, quen fixo constar no seu testamento que destinaba os seus bens á creación dun centro de maiores na Fonsagrada. Os fondos non foron suficientes e o edificio quedou sen rematar.
O Concello elaborou un proxecto para terminalo e acondicionalo, de forma que cumpra os requirimentos legais para este tipo de centros.
En 2009, Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar da Xunta, anunciou a disposición do seu departamento a sufragar a posta en marcha da residencia. Foi entón cando o Concello da Fonsagrada decidiu enviarlle o proxecto. Tras un tempo de estudo, os técnicos da Administración autonómica deron o visto e prace ao documento, pero ata o momento non se realizou ningún trámite para facelo realidade.
O alcalde da Fonsagrada, tras esta prolongada espera, entende que «a Xunta non ten disposición de facer a residencia e hai que aproveitar a oportunidade que nos ofrece a Deputación». Argelio Fernández Queipo recorda que «Alberto Núñez Feijóo estivo hai unhas semanas na Fonsagrada e non concretou nada deste tema. Non podemos esperar máis porque é un servizo que necesitamos e non quero chegar á campaña electoral con este problema sen resolver».
Once residencias
A Deputación, a través do organismo Suplusa, investirá 12.120.000 euros na construción de residencias en once municipios de Lugo. As de Trabada, Pol e Castroverde están en proceso de licitación e as de Meira, Riotorto, Guitiriz, Ribas de Sil, O Saviñao, Pedrafita do Cebreiro e Navia de Suarna están noutro tipo de trámites. A cada unha destas instalacións a Deputación destinará un millón de euros, ademais de 120.000 para a ampliación da residencia de Monterroso.
A estes proxectos únese agora o da Fonsagrada, que contará co dobre de investimento por parte da Deputación, 2,1 millóns de euros, e que nace co compromiso do presidente de axilizar «os trámites» para dotar á Fonsagrada de servizos «para mellorar a calidade de vida dos veciños» e combater o descenso de poboación coa creación de postos de traballo no ámbito da atención a dependentes.

EN TRÁMITE As obras do novo concello licitaranse en tres semanas |
O presidente da Deputación visitou onte A Fonsagrada para ultimar detalles das obras do novo consistorio. As obras están en proceso de licitación e xa se recibiron ofertas de empresas dispostas a acometer os traballos. En tres semanas poderán adxudicarse as obras e, a partir dese momento, o seu comezo será inmediato. A Deputación destina un millón de euros á construción deste edificio. José Ramón Gómez Besteiro insistiu en que A Fonsagrada ten «a casa consistorial con peores condicións de toda a provincia de Lugo, malia ser cabeceira de comarca». Bombeiros Besteiro destacou o esforzo investidor que está a facer a Deputación de Lugo para «poñer fin á situación de abandono que durante anos sufriu a montaña lucense». Incidiu na necesidade de mellorar servizos e comunicacións, tanto viarias como telemáticas. Neste contexto recordou que a Deputación se ofreceu a asumir o custo do 50 por cento da cobertura contra incendios da montaña. Besteiro propuxo esta medida «publicamente» ao presidente Alberto Núñez Feijóo e está «á espera de resposta». |
No hay comentarios:
Publicar un comentario