O PSOE da Fonsagrada concorrerá ás próximas eleccións cunha lista totalmente renovada nos postos de saída. O actual alcalde, Argelio Fernández, sitúase de número un por primeira vez, tras haberse presentado en segundo lugar nos anteriores comicios. Séguenlle sete caras novas que non figuraban na candidatura de 2007, aínda que nalgún caso si formaron parte de listas anteriores.
O número dous da proposta socialista será José Ángel Fernández Carrín, un axente de seguros da Fonsagrada que concorre como independente e que ata o momento nunca tivera relación coa política.
Os postos terceiro e cuarto serán para Isabel Custa Vilamaior e Carlos López López, ambos os concelleiros entre os anos 2003 e 2007, pero que non formaron parte da candidatura dos últimos comicios locais.
As caras novas continúan no posto número cinco con Marta Álvarez Riveras, de 28 anos, licenciada en Historia e natural de Lamas de Moreira. O sexto posto tamén o ocupa un mozo, Carlos Fenández Vázquez, que tampouco ten experiencia en política.
José Gromaz Castro, concelleiro de urbanismo co anterior alcalde, Ricardo Parada, ocupará o número sete da candidatura, e de oitavo concorre Elías Fernández Yáñez, actual concelleiro de medio rural.
O posto noveno será para María Isabel Landeira López, outra das caras novas, e a lista péchase con Carmen Mon Álvarez e Manuel Enríquez Longedo, habituais noutras candidaturas socialistas.
Os suplentes son Ermidas Pereira Fernández, Ramiro Couso Pérez e María Ángeles Llorente Benito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario